Monday 29 de April de 2024

Teatro Mutis (Noia) representará “El chalet de Madame Renard” este domingo en Lousame


Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 7 de decembro, ás 19:00 horas, a actuación de Teatro Mutis, que representarán “El chalet de Madame Renard”. Baixo a dirección de Juan Manuel Fernández, este grupo de teatro de Noia serán os encargados de poñer o punto e final á XI Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Lousame, organizada pola Concellería de Cultura de Lousame en colaboración coa asociación cultural Xuventude de Cruído e coa asociación cultural Toxos e Carrouchas.

“El chalet de Madame Renard” é unha adaptación dun texto de Miguel Mihura que conserva o humor poético e acedo do seu autor, cunha historia de picaresca e de amor a tres bandas con continuos engados entre personaxes supostamente decentísimos, o que se converte nunha sátira da alta sociedade e os seus vicios.

Este ano, a XI Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Lousame reuniu a cinco compañías: Tastarabás Teatro (Lousame), Teatro da Falúa (Universidade de Santiago de Compostela), Teatro do Improvisto (Boiro), Brandomin Teatro (Pobra do Caramiñal) e Teatro Mutis (Noia).